Visita á casa do concello

Os rapaces de 5º e 6º foron de visita á Casa do Concello. O persoal atendeunos moi amablemente e ensinounos as instalacións. Ademais, explicáronos o funcionamento de certos departamentos, como  o da oficina de control de tráfico.

Levamos unha gran sorpresa cando na sala de plenos, apareceu o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Outro dos momentos máis interesantes e divertidos, foi a visita á sala de prensa e as espectaculares vistas da cidade dende a mesma.

En todo momento estiveron moi participativos e fixeron preguntas en cada dependencia que visitamos.

https://drive.google.com/file/d/1NIP2HOUUqoOwMkSoppp9ggoFTPyND2I-/view?usp=sharing

Comments are closed