Visita á ETAP de Aqualia

O grupo de 1.º da ESO tivo a ocasión de visitar a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Aqualia, o Servizo Municipal de Augas de Vigo.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o ciclo integral da auga e poñer en valor a importancia deste recurso natural.

Esta visita está enmarcada dentro da materia de Bioloxía; e, grazas a ela, o alumnado puido completar os coñecementos adquiridos na aula.

Os alumnos e as alumnas puideron participar nunha charla sobre o uso responsable da auga, durante a que formularon moitas preguntas. Tamén visitaron a sala de exposicións e as zonas exteriores co depósito de almacenaxe.

Resultou esta unha visita moi produtiva para o noso alumnado, que deste xeito conseguiu afianzar os seus coñecementos previos.

Comments are closed