Visita a Naturnova: O bosque das estacións

O pasado venres, os leonciños tiveron unha saída moi especial. Visitaron Naturnova, que é un centro interactivo de educación ambiental.

Alí puideron coñecer o medio que os rodea dunha forma lúdica e interactiva.

A temática da visita era “O bosque das estacións”. E ao redor deste tema resolveron cuestións como: por que son tan importantes os nosos bosques, cales son as estación e como se diferencian ou como cambian as árbores.

E o que máis lles impactou foi poder entrar nun submarino e coñecer as profundidades do mar.

Toda esta aprendizaxe levárona a cabo a través de diferentes xogos e contos. Estamos seguros de que non esquecerán este día!

Comments are closed