Visita a Vitrasa

Unha das visitas que máis lles gustan aos rapaces é a saída a Vitrasa. Os nenos e nenas de 3.º e 4º de Primaria do Quiñones de León foron, o día 5 deste mes, visitar as instalacións da empresa viguesa de transporte público.

Os traballadores de Vitrasa mostráronlles aos nenos, entre outras cousas, o taller de reparacións, as oficinas, o aparcadoiro onde “dormen” os autobuses, etc.

Un dos mecánicos tamén lles ensinou como funcionan as máquinas de billetes e como as reparan. Ademais, subiron ao bus turístico e pasaron polo máquina de lavado.

Para rematar, puideron falar desde a central telefónica cunha condutora que estaba de servizo, ver polas cámaras o interior dun autobús e gozar dunha rica merenda.

Foi unha experiencia xenial!

Comments are closed