Visita de Marta Larralde

Damos comezo este ano ao proxecto Faro da Escola cun traballo de investigación sobre xente da nosa cidade que chegou lonxe en diferentes ámbitos da vida.

E que mellor maneira de estreármonos que facéndolle unha entrevista á actriz viguesa Marta Larralde.

Coñecida por numerosos papeis en series televisivas (Fariña, Seis hermanas…) e en películas cinematográficas (Lena, León y Olvido, Días azules…), descubrimos moitas máis cousas da súa vida e do seu traballo. Os nosos alumnos foron os encargados de indagar nos seus novos proxectos, nas súas preferencias á hora de actuar e mesmo na súa nova faceta como nai.

Obsequiounos cun pequeno xogo de interpretación para maiores e pequenos, onde todos sacamos os actores e actrices que levamos dentro, e como non, houbo unha firma de autógrafos.

 

 

Queremos darlle as grazas por concedernos esta entrevista de maneira tan simpática e divertida. E, por suposto, aos nosos leonciños periodistas por realizar este traballo de maneira tan profesional.

Comments are closed