Visita do Alcalde

O mércores 6 de xuño, visitounos o noso alcalde, Don Abel Ramón Caballero Álvarez para coñecer o colexio e aos nenos.

Sen dúbida, foi unha das visitas máis esperadas do curso. Don Abel, mostrouse moi atento cos rapaces e eles estaban entusiasmados polas palabras que lles dedicou.

Entre o que lles contou, houbo alguna primicia, como a chegada dun novo ovo do Dinoseto! Tamén lles deu ánimos nestes últimos días de curso e lles recordou a importancia de ser responsables cos seus estudos.

Os rapaces, preparáronlle ao alcalde unha canción, como agradecemento pola visita; ademáis os rapaces de Secundaria, tamén lles transmitiron unhas palabras.

O vivir en Vigo que bonito é, imos de paseo pasámolo ben.

Pasámolo ben pasámolo ben, o vivir en Vigo que bonito é.

O paseo de Samil, é bonito para min

se queres tomar o sol, ponte o mellor bañador

se nos queres visitar tes ti que continuar, coas bateas e o mar.

RETROUSO

Moitas prendas de cores, un feixe de goleadores,

Son os nenos xogadores, os do Celta e do Quiñones

pero os mellores son os pescadores, para nós os gañadores.

Somos os Reconquistadores.

RETROUSO

E despois ver o Sireno, que chega ata o ceo

ai que bonito paseo.

Eu queri ir á Guía, ese lugar de harmonía

logo ir ó Casco Vello, cear en bares de tapeo

Aqui tendes algúns vídeos da súa visita.

 

Grazas alcalde, os leonciños quedaron encantados!

Comments are closed