Visita do grupo musical Broken Peach

Onte tivemos a grandísima sorte de recibir unha visita moi especial; a do grupo BROKEN PEACH. Este grupo está formado por uns mozos e mozas vigueses: Lara Rodríguez (antiga profe do cole), Sela Pereira, Maika Pereira, Laura Palomo, Erika Vázquez, Erika Lewis, Isis Cervantes, Rubén Domínguez, Julián rodríguez, Kike Calzonetti e Pepo González. Non só amenizan todo tipo de actos coa súa fantástica música, senón que tamén levan ledicia alá por onde pasan. Ademais, cantan xenial e o seu vestiario é aínda máis espectacular, aínda que o que seguramente destaca máis neles é a súa amabilidade.

Viñeron ao noso cole e responderon as preguntas que algúns alumnos tiñan preparadas. Despois cantáronnos dúas cancións, nas que os nenos tamén participaron facendo os coros. Logo, asinaron unha gran cantidade de autógrafos a todos os rapaces de educación primaria. E, por último, entregámoslles uns agasallos e un marabilloso disco de ouro! Mirade que ben o pasamos, ata fixemos un selfie con eles!

Ah! Seguídeos tamén en Instagram (brokenpeach) e Facebook. Eles xa nos incluíron.

Comments are closed