Visita dos locutores de Vía Radio Vigo

O 18 de outubro, viñeron a facernos unha visita os locutores de Vía Radio 88.4 FM Vigo, o Dj Charlie e Carlos Veleiro, co motivo do tema dos medios de comunicación que estamos a estudar en ciencias sociais.

Explicáronnos como funcionaba a radio por dentro, de maneira moi amena e divertida, e facendo partícipes aos nenos. Contestaron, ademais, a diferentes preguntas formuladas polos rapaces:

  • Como era o lugar onde traballaban.
  • Canto tempo levaban traballando na súa profesión.
  • Se para ser locutor había que poñer unha voz especial.
  • Acerca da música que estaba de moda hoxe en día.
  • Como se utilizaba a mesa de mesturas.
  • Se algunha vez quedaran en branco.

 

Carlos Veleiro fíxonos unha demostración de como se realiza unha cuña publicitaria, empregando diferentes rexistros da voz. Ensináronnos tamén as fotos dos seus estudios e algúns dos seus compañeiros. E tivemos a oportunidade de gravar todos xuntos e á de tres o nome da emisora gritando “Viva Vía Radio!!” e o nome do noso colexio.

Para rematar a visita, sacamos unha foto en conxunto do máis numerosa e alegre.

Moitísimas grazas por contarnos como é o voso traballo e ensinarnos a radio por dentro. De seguro que algún dos nosos alumnos vos fará a competencia dentro dalgúns anos.

 

Comments are closed