Visita dos nosos maiores

O 26 de xullo celébrase en España o “Día dos avós”. Para render homenaxe a todos os eles, decidimos no noso centro, anticiparnos a esta data (xa que se celebra na época estival) e adicar unhas semanas a realizar un proxecto interxeneracional cos rapaces de 5º e 6º.

Por iso, programamos unha serie de actividades como unha árbore xenealóxica, recopilación de fotos de obxectos antigos, pequena entrevista… Ademais, o día 11 de febreiro, levamos a cabo unha xornada de convivencia escolar con algúns avós e avoas  do alumnado de ambos cursos da Primaria, xa que son referentes importantes nas nosas vidas.

Todo estaba preparado para o día sinalado. Levabamos tempo ensaiando unha canción para eles, “Miña abuela Manuela”, así como algunhas preguntas que lles quixemos facer sobre a súa infancia, os seus costumes, como era un día nas súas vidas e incluso, cales eran os castigos que recibían dos seus pais (somos moi curiosos). Tivemos diferentes reaccións por parte dos nenos. Arianna, por exemplo, comentou que lle provocaba darlle unha aperta a todos eles polo agarimosos que foron. Ou Yael, que se sorprendía ao saber que se xuntaban nunha casa para ver a única tele que había no barrio. Moitos lembraban a anécdota contada polo avó de Macarena sobre as lentellas;se non  as quería na comida, na cea, e se non, no almorzo. Con 6 anos algúns empezaban a traballar, algo impensable a día de hoxe. E un importante consello que nos deixaron ao final da visita, lembraba Marellis: valorar o que temos, sempre sabendo dicir GRAZAS e PERDÓN.

Quixemos rematar a visita entregándolles un pequeno agasaio como símbolo do noso agradecemento.

Desfrutade agora coas súas intervencións.

https://drive.google.com/file/d/1hk8uPlyFbH-Mdef70_j-xs4-4PPp4nX-/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1WxPn3hA3F4Q-HwbWwgKDcSVeQFjIeubK/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1b8p3UhrUq2lmECHzLrXpRneEUgz7jvZ0/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1iBiZoH5m0b5zo3QgQbAnRJhJqMJToi0A/view?usp=sharing

Sen dúbida, unha experiencia marabillosa. Desexamos desde o cole que os avós que nos acompañaron, estivesen tan entusiasmados  e o gozasen tanto ou máis ca nós! Ata a próxima e grazas!!

Comments are closed