Visita o noso colexio

Somos un centro concertado en Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Podes visitarnos na Travesía de Vigo, número 36.

Ofrecemos unha atención personalizada en todas as etapas, centrada no alumno mediante un enfoque construtivista.

Porque vós e os vosos fillos sodes o máis importante, ofrecemos un amplo horario que favorece a conciliación

– Servizo de aula matinal: 7:30 – 9:00 horas.

– Comedor de cátering, boa comida e un menú variado e saudable (deseñado por nutricionista): 14:00 – 16:00 horas. Prazas de comedor garantidas.

– Servizo de biblioteca: 16:00 – 17:15 horas. Para facer traballos individuais ou en grupo, estudar, ler ou coller libros prestados. A biblioteca conta con numerosos fondos adaptados a todas as idades, nas tres linguas que se empregan no centro: galego, castelán e inglés. Desenvolve actividades complementarias como os “Contos en familia”, nos que se invita ás familias a participar en contacontos para os nosos cativos, integrando así o traballo conxunto familia-escola.

Biblioteca

– Actividades extraescolares: xadrez, pintura, multideporte, baile, diverciencia, inglés e taekwondo. A maioría comezan ao rematar o servizo de comedor ata as 17:30 horas.

O centro conta con aulas específicas de música, plástica, taller de tecnoloxía, laboratorio, aula de informática e ximnasio. Tamén dispón de aulas dotadas de pantallas dixitais para a aprendizaxe, e sala de usos múltiples.

O colexio ten departamento de orientación, integrado por especialistas en pedagoxía terapeútica e audición e linguaxe, que están pendentes de garantir todas as medidas de atención á diversidade que o noso alumnado poida precisar durante a súa etapa escolar.

Etapas:

  • Educación infantil: promóvese a socialización dos nenos. Aprendizaxe baseada no descubrimento, cun enfoque lúdico. Nesta etapa, os nenos teñen dúas horas de inglés á semana, e unha sesión de desenvolvemento da lingua, impartida por especialistas en audición e linguaxe, para favorecer a súa competencia lingüística e comunicativa.

Proxecto do lobo na literatura

  • Educación primaria: seccións bilingües en inglés e galego, Natural Science dende 1.º de primaria. Participación en numerosos proxectos educativos (Faro na escola, Plan Proxecta…) e concursos (Spelling Bee, debuxo, narración…) para lograr unha formación integral do noso alumnado e o seu desenvolvemento como cidadáns activos.

O noticiario dos alumnos

  • Educación secundaria: baséase na atención á diversidade e no desenvolvemento de proxectos complementarios á formación curricular obrigatoria, tanto propios, como das diferentes institucións. Servizo de orientación dende o propio centro adaptado á etapa.

Participantes no certame de regueifas de Valadares

Traballamos con e para as persoas, cunha filosofía de mellora constante.

Comments are closed