Visita: Xavier Estévez

Este venres visitou o noso colexio o escritor Xavier Estévez. Tivemos a gran sorte de escoitalo falar sobre un dos seus últimos libros: Avións de papel.

Tamén nos fixo algunhas recomendacións de lectura e entretívonos coas súas enxeñosas respostas ás preguntas que lles fixeron os alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria.

Pero, sobre todo, o que máis podemos destacar da visita deste fantástico escritor, foi a mensaxe que nos transmitiu; que a lectura é unha das grandes cousas da vida, xa que, en palabras del: “Ler vaivos facer moi felices”.

Moitas grazas por todo, Xavier!

Comments are closed