Visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Os últimos días do segundo trimestre, o alumnado da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

Alí puidemos gozar da compañía e guía das encantadoras bibliotecarias Mar e Noelia, que nos amosaron a biblioteca, o seu funcionamento, os diferentes recunchos, indicáronnos que pasos temos que seguir para buscar información, ler, investigar e tamén pasar momentos de lecer nun lugar tan preto de nós.

A seguir, faláronnos das casas e con elas de arquitectura, e aínda que non o creades mostráronnos moitos libros sobre casas: casas boas, casas malas e terroríficas, casas modernas, casas con forma de ovo, de tartaruga, transparentes…

Cos grupos de 2.º, 3.º e 4.º lemos un relato de Julio Cortázar e despois construímos a nosa propia casa.

Co grupo de 1.º da ESO lemos algún relato do libro Casas, de Paula Carballeira, e a continuación fixemos un skyline.

Pásamolo de marabilla. E o mellor de todo foron as recomendacións literarias que levaron os nosos alumnos e alumnas, algúns xa comezaron a ler Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ou Los lobos de la pared, de Neil Gaiman; xa que marcharon coa intriga ben xerada polas bibliotecarias.

Recomendámosvos que visitedes esta biblioteca. Paga a pena!

 

Comments are closed