Visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas

O Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do Quiñones de León organizaron para o alumnado unhas visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas.

informacion_xeral_bpneiravilas   1º E 2º PRIMARIA (2)

A temática que escolleu este ano a Biblioteca Xosé Neira Vilas é o bosque. Pareceunos un tema marabilloso para traballar cos nosos alumnos e alumnas, para que aprendar a coidar da natureza e dos animais.

Os primeiros en facer esta saída foron os alumnos e as alumnas de educación infantil.

Cando chegaron á biblioteca recibíronos as bibliotecarias, que lles amosaron a zona de préstamo dos libros. Alí comezaron por explicarlles como se organiza unha biblioteca e as normas que teñen que seguir cando estean nunha.

20171114_095131 20171114_095620

Despois xa comezou o máis emocionante para os nenos: os contos. Escoitaron moreas de contos nos que a temática era o bosque e os animais do bosque.

A seguir, as bibliotecarias tiñan preparada unha actividade para todos: decorar unhas árbores, cada unha representativa dunha estación do ano.

IMG-20171114-WA0001 20171114_105340

20171114_164009

Árbores das catro estacións, traballo que trouxeron os nenos para o centro.

Os seguintes grupos en visitar a bilioteca foron 1.º e 2.º de primaria. Foron camiñando dende o cole, o que lles serviu para lembrar as normas viarias.

IMG_0425                            IMG_0423

Estes son algúns dos contos que tiveron a oportunidade de escoitar da man de Eva.

IMG_0475

Estiveron moi atentos e gozaron moito das historias que acontecen nos montes próximos.

BeFunky Collage

 

Finalmente, fixeron unha actividade: construíron as caretas dun raposo e dun moucho, protagonistas dun dos contos.

BeFunky Collage 3

O alumnado gozou con esta actividade, e os profesores e os pais que os acompañaron na visita tamén. Sempre é un pracer pasar unhas horas nun espazo tan acolledor como é a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

 

Comments are closed