Xogamos co galego III

Nestes  días e nas vindeiras semanas, os rapaces de 2º de Primaria levan e levarán para casa, unhas láminas que forman parte dun proxecto en galego: “Xogamos co Galego”.

Cando o levan, poden escoller unha desas láminas. Cada unha, corresponde a unha das  letras do alfabeto galego. Nelas hai diferentes exercicios: buscar palabras, escribir oracións, debuxar… tendo en conta que deben utilizar ou buscar palabras que teñan a letra elexida. A idea é que coa axuda das familias, aprendan un pouco máis do noso idioma de forma lúdica e significativa.

Estade atentos a páxina web, iremos poñendo o traballo dos rapaces!

 

 

 

 

Comments are closed