Xogamos co galego (parte I)

Os rapaces de segundo de primaria están facendo unha serie de actividades nas materias de Lingua Galega e Ciencias Sociais, para aumentar o vocabulario do noso idioma e aprender dunha maneira divertida e significativa.

A primeira delas é unha exposicón de ilustracións de edificios que podemos encontrar nunha cidade, en calquera barrio. Buscaron, entre todos, palabras relacionadas con estes lugares e aquí tedes o resultado.

Máis adiante, poderedes ver outros traballos… Estade atentos!!

Comments are closed