XXVIII SEMANA DE CINE SUBMARINO

O pasado 13 de novembro, os nenos de 5º e 6º de primaria acudiron á XVIII mostra de cine submarino, organizada pola Universidade de Vigo. A proxección tivo lugar na sala Afundación.

A primeira parte da proxección, tratou dos depredadores mariños, ensinándonos que os animais do mar teñen que defenderse non só dun depredador, senón de varios, como é o caso dos cangrexos, atacados por polbos e moreas.

Xa na segunda parte, trataron o tema dun naufraxio que tivo lugar na ría de Aldán. O pesqueiro chamábase Cordero González. Na investigación falábase de como, despois de tantos anos afundido, aínda conservaba o temón.

Parecéronnos uns documentais moi interesantes, ademais de que estean baseados en feitos reais ocorridos moi preto das nosas augas.

Comments are closed