Érase unha vez…Internet

O alumnado de 3º ESO aprendeu, da man do profesor Carlos López Ardao, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo, que as orixes de Internet son máis antigas do que pensaban (o seu predecesor ten máis de 50 anos). Viaxaron, tamén, pola historia dos móbiles, desde os primeiros, coma ladrillos, ata os actuais smartphones, que xa permiten traballar no Internet das cousas. Do uso de Internet saben ben os alumnos/as, do seu funcionamento interno bastante menos, pero do seu abuso cómpre aínda algunhas leccións máis. Grazas a Carlos por ilustrarnos cos seus coñecementos.

Comments are closed