25 de Novembro, Día Contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día contra a Violencia de Xénero, data sinalada para dar visibilidade a este problema que involucra e compete a toda a sociedade. Dende o Departamento de Igualdade do centro propúxose traballalo en todas as etapas educativas na medida na que a madurez e momento evolutivo do noso alumnado puidese comprender. Posto que  traballar e concienciar desde idades temperás é a mellor maneira de conseguir, algún día, que esta conmemoración non sexa necesaria. Así pois, o noso alumnado máis novo, estivo a traballar o concepto da man que acariña e dá agarimo contra a man enfadada, que pega e fere, resaltando tamén o valor do respecto entre iguais e o agarimo como fonte xeradora de relacións sociais positivas.

A man enfadada en contraposición cas mans agarimosas

En primaria, sobre todo nos primeiros cursos, os nenos e nenas xestionan e canalizan mellor as súas emocións a través do debuxo e isto fai da área de plástica a ideal para afrontar este tipo de temas; esta permite aos nenos expresarse libremente tanto na elección cromática como na composición das súas producións. Unha vez proporcionada a liña xeral da actividade e a súa motivación, son libres de plasmar todas as súas inquietudes, experiencias e pensamentos a través dos seus debuxos. A pesar de que este día foi tratado de maneira transversal en todas as materias, son as actividades plásticas as que ofrecen un resultado máis artístico e á vez reinvidicativo, por suposto desde a súa perspectiva infantil. Deixámosvos aquí unha mostra da variedade de traballos do noso alumnado.

As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria, debuxaron a unhas mulleres berrando “Basta xa!” á violencia utilizando tizas e témperas. Traballando así o esquema corporal, a expresión de emocións e o recoñecemento das expresións faciais.

Algunha das súas producións

O alumnado de 2º de Educación primaria, traballaron o esquema corporal e técnicas de relieve debuxando mans que de agarimo.

Tamén nese grupo, pero na materia de Valores cívicos e sociais, traballamos a expresión de emocións e o valor dos sentimentos de amor e o agarimo en contraposición á violencia e o papel das nosas mans como transmisoras de afecto cos aloumiños, as cóxegas e as caricias, traballando deste xeito a educación emocional e habilidades sociais. Xurdindo da dinámica de xeito espontáneo por parte do noso alumnado un lema moi bonito que resume prácticamente o que pretendemos conseguir con este día “Máis amor, e menos violencia”

En 3º de Educación primaria, a actividade de Educación artística centrouse no concepto dunha muller forte e loitadora  capaz de afrontar todo o que se lle poña por diante, traballando de paso as figuras xeométricas e o concepto de simetría. Os seus traballos son orixinais e sorprendentemente estéticos.

En 4º de primaria, dado  o momento madurativo da idade, xa se traballaron conceptos máis abstractos como a necesidade de cambiar a nosa perpestiva sobre e cara o que significa a igualdade. Para elo, as nenas e nenos deste curso elaboraron unha lámina con tiza, traballando a perspectiva e profundidade na que logo plasmaron a súa mensaxe. Estes son algúns dos resultados obtidos.

Cambiemos a perspectiva cara a igualdade.

En 5º de Educación Primaria, o alumnado acudiu con complemento de cor violeta coma sinal de apoio ás victimas deste tipo de violencia.

Traballaron sobre un conto titulado “Arturo e  Clementina” que, dunha forma moi sutil, fálase dos malos tratos psicolóxicos. A partir do mesmo, fixeron unha actividade denominada “Rutinas de pensamento” na que, mediante titulares de xornal e prensa, reflectiron os seus pensamentos e conclusións respecto a violencia de xénero.

Pensamentos, inquietudes e conclusións do alumnado de 5º de Educación Primaria

Algúns dos alumnos trouxeron un complemento morado, como símbolo da loita contra esta secuela social.

Complementos representativos do apoio ás víctimas da violencia de xénero

A canción “A porta violeta” de  Rozalén, que trata tamén a temática, foi utilizada na clase de música dos grupos de 5º e 6º de Primaria para traballar os ritmos. En educación artística, voltamos sobre un concepto de amor san en contraposición co amor perxudicial que moitas veces remata en actitudes de violencia de xénero.

Un amor san

O noso alumnado senior, o grupo de 6º de Primaria, fixeron un pequeno acto en apoio ás víctimas da violencia de xénero ao que acudiu o grupo de 5º de primaria como espectadores, cumprindo cas medidas de protección do protocolo COVID-19 no que ademáis puideron expresar as súas inquietudes sobre este tema.

Pequeno homenaxe ás víctimas da violencia de xénero

Traballarouse tamén  nas materias de música e lingua estranxeira. Para facelo, mostróuselles unha serie de imaxes que representan abuso de poder, malos tratos, medo… completando posteriormente o organizador gráfico  I  SEE, I  THINK, I  WONDER, no que se potencia a capacidade de observar os detalles dunha imaxe,  pensar sobre eles,  interpretalos e facerse preguntas; unha destreza de pensamento fundamental que debemos axudar a desenvolver aos nosos alumnos, non só en lingua estranxeira senon tamén en todas as áreas, xa que son aprendizaxes fundamentais para desenvolver un pensamento crítico e autónomo; pilar indispensable nesta loita contra a violencia, de calquer tipo.Saíron uns traballos marabillosos, dende o punto de vista lingüístico, e tamén do artístico.

Algúns dos traballos realizados polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

Como vedes tratouse o tema dende varias perspectivas ca intención de que, graniño a graniño, poidamos, no futuro, non ter a necesidade de ter un día adicado a dar visibilidade a todas estas víctimas da violencia de xénero as cales, en moitas ocasións, xa non poden falar por elas mesmas.

Deixámosvos aquí un vídeo onde poidedes ver ao noso alumnado realizando as actividades o cal inclúe un anaco da canción de Rozalén, “Una puerta Violeta” traballada nas clases de 5º e 6º de Educación Primaria.

Día en Contra da Violencia de Xénero 2020

Comments are closed