25 de Novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

O pasado 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres e, aínda que é un valor que promovemos de maneira transversal no noso día a día, levaron a cabo unhas actividades un pouco máis especiais co motivo desa data. Xa que é un tema difícil de tratar a idades de temperás en 2º de E. P. e en 3º de E. P. quixeron achegar o motivo e o espírito dese día a través de contos e actividades plásticas.

En 2º de Primaria, coñecero a Artur e Valentina, un precioso conto de  Adela Turín e Nella Bosnia para introducir a temática e falar de ela. Despois elaboraron un debuxo plasmando a historia que acababan de escoitar, tamén elaboraron unhas lentes marabillosas a través das que podían ver un mundo no que este tipo de violencia xa non exista.

Alumnas e alumnos de 2º de E.P. cas súas lentes

En 3º de Primaria a actividade enfocouse cara a unha expresión de sentimentos sa e libre de agresividade na que lles escribían unha mensaxe de agarimo e apoio a unha muller que estivese presente nas súas vidas e que fose importante para eles e elas. Facendo este tipo de actividades pretendemos ir traballando desde a infancia aqueles valores indispensables para que nun futuro non sexan necesarias esas lentes especiais.

Alumnos e alumnas de 3º de E.P. elaborando as súas tarxetas ca técnica do origami

Alumnado de 3º de E.P amosando o seu traballo

Comments are closed