Hai uns días, o alumnado da ESO visitou unha das bibliotecas da nosa cidade: Biblioteca Xosé Neira Vilas. Tanto nos gustou a visita que fixemos o curso pasado, que tivemos que repetir; e volvemos quedar encantados.
Este ano presentáronnos lecturas de viaxes: libros orixinais, atlas singulares, bandas deseñadas… e despois aínda tivemos tempo para xogar e aprender xeografía.
Agradecemos á nosa guía da biblioteca o ben que nos transmitiu o seu amor pola lectura.
Nós continuaremos coa mellor viaxe que nos traen os libros!