Actividades extraescolares para o curso 2018-2019

O comezo do novo curso tamén trae novas actividades extraescolares para o alumnado.

Sportemp será a encargada dalgunhas das actividades. O horario é o seguinte:

Luns Martes Mércores Xoves
16:00 – 17:30 Teatro

(infantil)

Baile moderno

(infantil)

Intelixencia emocional

(infantil)

Multideporte

(infantil)

Debuxo/pintura

(infantil/primaria/eso)

Diverciencia

(primaria)

Teatro

(primaria/eso)

Baile moderno

(primaria/eso)

As clases comezan no mes de outubro. Podedes anotar os alumnos e alumnas ata o 24 de setembro na administración do centro. Ten que haber un número mínimo de participantes para que se forme o grupo.

Quen estea interesado nas clases de Diverciencia ou Intelixencia emocional poderá asistir a unha clase de proba o xoves 20 de setembro ás 16:00 horas. E aqueles que queiran probar a clase de teatro poderán facelo o venres 21 de setembro ás 16:00 horas. Non esquezades anotarvos para estas clases en administración.


Para os que vos guste a natación, tamén queremos recordarvos que tendes ata o 24 de setembro para inscribirvos na administración do colexio.

As clases son os venres, na piscina de Lavadores. Hai un grupo de 16:00 a 16:45 e outro grupo de 17:30 a 18:15.


E continúan tamén as clases de Taekwondo polas tardes coa xente do Seung Sport nas instalacións do noso colexio.


Esperamos que as actividades ofrecidas sexan do voso agrado.

Comments are closed