Os rapaces de 2º de Primaria, están facendo distintas actividades para fomentar o uso do Galego dunha maneira lúdica. Ademais, neste caso, tamén se familiarizan con diferentes tipos de textos: as adiviñas e os trabalinguas.
Son textos moi divertidos e logran captar a atención dos nenos e entretelos un bo rato. Os nenos, ao escoitalos, síntense impulsados a descubrir a súa resposta (o que fomenta a curiosidade por descubrir cousas novas) Neles fálanse de temas que descoñecen e aprenden vocabulario novo.
Aproveitando estas actividades, e que van perdendo pouco a pouco a vergoña por falar en público, xogamos tamén a ser mimos.
Aquí podedes ver o ben que o fixeron cando recitaron os textos!