Hoxe tivemos o honor de recibir á catedrática de inmunoloxía da UVigo África González, que instruíu ao alumnado de 4º de ESO na súa especialidade e o potencial que ten a inmunoloxía no tratamento dalgúns cancros. Coa elocuencia que a caracteriza, debullou os pormenores das súas investigacións como médica, a súa historia como alumna do premio Nobel César Milstein e os esperanzadores resultados de terapias combinadas probadas en ratos no cancro de páncreas, un dos máis mortais que existen. Grazas e ela sabemos máis e mellor, sen falsidades e con elementos de xuízo baseados no traballo científico. E regalounos dous exemplares do seu libro Inmuno Power. Non podemos pedir máis.
-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos