Brincadeiras da lingua (de 1º E.P. a 4º E.P.)

O pasado luns 14 de novembro tivemos a gran sorte de contar coa presenza no salón de actos do cole do grupo teatral Migallas, que nos presentou o seu espectáculo “Brincadeiras da lingua”.

O alumnado de primeiro a cuarto de Educación Primaria tivo a oportunidade de pasar un bo rato con estes artistas que nos agasallaron cunha coidada posta en escena chea de detalles, grazas aos que nos aprenderon retahílas, cancións de berce, trabalinguas populares, xogos de botar a sorte, e cancións acumulativas propias da tradición oral galega.

Todos pasamos un bo rato gozando da actuación, coa música en directo, e as cancións nas que nos fixeron participar activamente; e descubrindo ese ritmo tan feiticeiro que teñen todas esas brincadeiras de lingua coas que as nenas e nenos de Galicia xogaban e gozaban fai non tanto tempo, e que pouco a pouco as novas tecnoloxías van levando ao esquecemento nas xeracións máis novas. De aí a importancia de iniciativas lúdicas como as que nos trouxo o grupo Migallas, para descubrilas e aprendelas, mantendo así viva a cultura popular galega que tanta riqueza ten.

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos ese día. Os nosos parabéns a Migallas polo seu espectáculo.

Grupo de 4º E.P. durante a obra

Comments are closed