Contacontos en infantil: “El árbol de los deseos”

Parece que as familias dos grupos de educación infantil cada vez están máis animadas. Esta semana pasada visitounos a nai dunha das nosas alumnas de catro anos. De entre os contos preferidos da súa pequena, elixiu El árbol de los deseos. Esta historia ten o osiño Teo como protagonista e a través del imos valorar a importancia da familia e imos descubrir canto nos queren os que nos coidan e canto lles queremos nós, aínda que ás veces nos enfademos.—