Día das Letras Galegas

Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O noso alumnado tivo a posibilidade de coñecer este autor e de ler algúns dos seus poemas. Despois deste traballo previo, o alumnado de primaria fixo uns murais cos que participaron no Concurso de murais organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. A seguir, podedes ver os gañadores deste concurso: O Equipo de Dinamización Lingüística tamén organizou un Concurso de poesía. Houbo moita participación e foi complicado elixir, pero—

Ler máis

Día das Letras Galegas, dígocho eu…

Hoxe é o Día das Letras Galegas, e gustaríanos compartir con vós nesta data uns vídeos que prepararon algúns grupos da ESO. Seguro que coñecedes o programa Dígocho eu. Pois o noso alumnado imitou os vídeos deste espazo televisivo. Así que atentos e atentas… Colgamos clase ou…? Facer a bogada… e ir de esmorga! Xogamos á billarda? Esperamos que vos gusten e que aprendésedes algunha nova expresión coa nosa rapazada!  

Concurso de Poesía

Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de poesía para o alumnado. Traballouse o xénero lírico, as emocións, imitáronse poemas de Xela Arias e leuse moita poesía para inspirar os nosos futuros poetas. A seguir podedes ler as composicións premiadas: Concurso de Poesía.  

Quen foi Xela Arias?

Ademais de traballar os textos de Xela Arias na clase e escribir poesía coma ela, apeteceunos realizar unha actividade ao aire libre co grupo de 1.º da ESO. Preparamos unhas pistas e, a modo de xogo, o alumnado puido descubrir momentos importantes da vida desta autora e moitos dos seus logros. A seguir podedes ver unha pequena mostra desta actividade, só tedes que premer a continuación: Coñecendo a Xela Arias.

Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—

Ler máis

O Entroido no Quiñones de León

O venres 21 de febreiro toda a comunidade educativa celebrou o Entroido, que tivo como elemento motivador as lendas galegas. Os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria desfilaron polas rúas do barrio do Calvario vestidos como fadas, trasnos, xacios e xacias, mouros e mouras, meigas, diaños, gatipedros e outros seres máxicos relacionados coa nosa natureza.     Neste paseo, non faltaron tamén algúns compañeiros e compañeiras de secundaria, así como profesores e familiares do alumnado. Xa de volta—

Ler máis