Actividades de Nadal 2020

Este ano, cambiou por completo nosos costumes e as nosas prioridades. Polo que, no canto de centrarnos no que non podiamos facer por culpa do COVID-19, centrámonos en que podiamos facer para que o Nadal do noso alumnado seguise sendo especial. Así que, con limitacións e todo, ao final fixemos moitas actividades diferentes que se cadra, se non fóra por estas circunstancias, non se nos ocorrerían. Unha delas, xa a coñecedes, foi o noso querido lipdub. que se non o—

Ler máis

Máscaras para o alumnado

Os pais/nais/titores do alumnado beneficiario das máscaras  que reparte a Xunta de Galicia poden pasar a recollelas na Administración do colexio a partir do día 14 de xaneiro, en horario de 9:30 a 11:00 e de 13:00 a 13:45 h. Pregamos sexan respectuosos/as co protocolo COVID-19.

Bo Nadal 2020

Xa que este ano vémonos privados do noso festival de Nadal, estivemos preparando un vídeo que rematamos de grabar hoxe, no noso “fin de ano particular”. Todo o alumado está moi ilusionado por ver o resultado final. En futuras entradas veredes todo o que fixemos esta semana, mais vaia por diante esta felicitación. Fixémolo con todo o noso agarimo e agardamos que vos guste.

25 de Novembro, Día Contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día contra a Violencia de Xénero, data sinalada para dar visibilidade a este problema que involucra e compete a toda a sociedade. Dende o Departamento de Igualdade do centro propúxose traballalo en todas as etapas educativas na medida na que a madurez e momento evolutivo do noso alumnado puidese comprender. Posto que  traballar e concienciar desde idades temperás é a mellor maneira de conseguir, algún día, que esta conmemoración non sexa necesaria. Así—

Ler máis

Magosto infantil 2020

Os máis cativos do cole celebraron este magosto tan singular dun xeito especial, cos elementos propios desta festa como protagonistas. O alumnado da clase de tres anos estivo traballando de varias formas ben distintas, desde facer unha divertida castaña  con todas as partes da cara no sitio, ata crear un simpático rato empregando unha castaña como corpo. Pola súa banda a clase de catro anos traballou esta celebración elaborando o tradicional cornete de papel de periódico con castañas asadas, e—

Ler máis