Marchamos de Magosto!

O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores. Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!! Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas—

Ler máis

Programa CINENSINO

Este curso 2018-2019, 1.º e 2.º da ESO participa no programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores para a prevención do consumo do alcohol e outros trastornos adictivos e de comportamento no ámbito escolar, a través dos medios audiovisuais e as TIC. O día 31 de outubro tivemos a primeira cita; a proxección do filme: La profesora. O alumnado xa ía preparado no autobús para dirixirse á sala de cine. Despois, coma sempre que temos unha saída, os—

Ler máis

Saída Naturnova

O pasado venres, o alumnado de 4.º e 6.º de Primaria acudiu a Naturnova AFundación, un centro interactivo de educación ambiental, no que puideron coñecer de cerca o noso planeta e o medio que nos rodea dunha maneira lúdica e participativa. Durante este percorrido, os nenos participaron nun desafío de investigación proposto pola mascota do museo, no que tiñan que responder unha serie de preguntas e resolver encrucillados. Por suposto, os nenos gozaron moito desta saída. Mirade que ben o—

Ler máis