Certame de regueifas

O noso club de regueifeiras e regueifeiros participou no II Certame Provincial de Regueifas, grazas á Asociación ORAL de Galicia e á Deputación de Pontevedra.

O certame estivo dirixido por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, que tamén convidaron ao final da celebración a Pinto, Caruncho, Bieito Lobariñas e Kike Estévez, que nos fixeron rir coas súas coplas.

Demostraron, enriba do escenario, que lles sobra coraxe; improvisaron, cantaron, imaxinaron e gozaron dunha mañá incrible, acompañada de aplausos e risos.

Os primeiros en participar estaban xa agardando no escenario, e os das quendas seguintes esperaron entre o público animando os compañeiros.

E así os puidemos ver:

O noso equipo alcanzou o 2.º posto neste certame e levamos con nós unha regueifa como premio, que compartimos ao chegar ao colexio.

E, se queredes ver un anaquiño deste certame, só tedes que premer a continuación: II Certame Escolar Provincial de Regueifas.

Comments are closed