Concurso da biblioteca escolar: “Ponlle cara á nosa mascota Leo”

O vindeiro 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca Escolar, e, para celebralo, dende a nosa biblioteca lanzamos un concurso para que o alumnado participe activamente no deseño da nosa mascota.

A partir dun traballo de investigación en grupo, a través dun xogo de pistas que se desenvolverá na biblioteca, os alumnos terán que facer pesquisas para adiviñar quen é, e que lle pasou a un animaliño ao que lle encanta ler, que estivo no verán na biblioteca, e que se ofrecera a ser a nosa mascota, pero que desapareceu xusto antes de comezar o curso. Teremos que desentrañar o misterio e poñerlle cara á nosa mascota.

Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo promocional do concurso  para ir quentando motores. Non o podedes perder!

https://drive.google.com/open?id=1Sgmj-nr6I1jjJCNygtKTQbDVuCryXmme

Animádevos a participar!

Comments are closed