Conmemoración do Día das Letras Galegas 2021

A semana pasada celebrabamos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a unha autora da nosa cidade, Xela Arias. Leváronse a cabo diferentes actividades co obxectivo de achegar a vida e obra desta autora adecuadas á idade do noso alumnado nas distintas etapas educativas.

O alumnado de Ed. Infantil e Primaria fixeron unha mural conxunta adicada a Xela Arias que adorna o corredor de entrada pola rúa Travesía.

Mural rematada e alumnado de Ed. Infantil no proceso de elaboración.

Alumnado de Ed. Infantil posando xunto ao mural unha vez rematada a tarefa

Ademais disto o alumnado de Ed. Primaria, nenos e nenas de 1º a 4º, cóntannos un conto escrito por Xela Arias cando tiña soamente 11 anos co gañou un concurso de contos infantís: A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia.

Pola súa parte, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria achégannos neste vídeo, no que poderedes ver tamén outras actividades, a súa vida e obra dunha maneira orixinal. Non volo perdades!

Comments are closed