Día da biblioteca escolar. Concurso “Ponlle cara á nosa mascota Leo”

Como xa vos adiantaramos, o pasado xoves foi o día da biblioteca escolar. Este ano conmemórase baixo o lema “Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía”.

Cartel conmemorativo do día da biblioteca escolar 2019

Nesta importante data, desenvolvemos a primeira fase do concurso “Ponlle cara á nosa mascota Leo”, para atopar a nosa mascota da biblioteca.

O alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria participou nun xogo de pistas. Organizados en equipos e facendo uso do material bibliográfico e dixital da biblioteca escolar, foron resolvendo os diferentes indicios ata dar coa solución ás incógnitas que lles presentamos nas tres linguas: galego, castelán e inglés.

Enigmas formulados no xogo de pistas

Exemplo de pista para descubrir en equipo

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso e un vídeo de como se desenvolveu a actividade.

 

Alumnado de 3.º de primaria lendo a pista

Alumnas buscando a solución ao reto no material bibliográfico

Alumnas de 4.º de primaria durante o xogo de pistas

Buscando respostas no material electrónico da biblioteca

Facendo pesquisas no rincón homenaxe ao 50 aniversario da chegada á Lúa

Alumnado traballando en equipo

Alumnado coa ledicia de ter resolto as pistas

Nesta ligazón podedes ver o vídeo do ben que traballaron no xogo de pistas.

https://drive.google.com/file/d/1-IQQ1lGaTnKEnzxnozFxPNucKQPFgQt2/view?usp=sharing

Pero o reto non rematou así, senón que, xa de volta na clase, cada curso tiña que facer unha posta en común e xuntar os diferentes achados para resolver o enigma global proposto, e poder pasar así á seguinte fase do concurso: o deseño da mascota.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para o alumnado, como para o profesorado, polo que de seguro volveremos a empregar a biblioteca escolar como centro de recursos e elemento dinamizador de diferentes actividades escolares que se desenvolverán ao longo do curso.

Estade atentos, porque en breve recolleremos os traballos artísticos dos participantes e pasaremos á seguinte fase: a elección da mascota por parte do alumnado de educación infantil, 1.º e 2.º de educación primaria, que de seguro será un xurado xusto.

Comments are closed