Día da Biblioteca Escolar

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca Escolar, por iso no día de hoxe abrimos as portas da nosa biblioteca para que todo o noso alumnado nos visitase. O lema que se propuxo este ano foi o de: «Aprender a pensar» e baixo esta premisa imos funcionar durante este curso. Queremos lograr que os nosos alumnos e as nosas alumnas adquiran un espírito crítico, fundamental para o seu desenvolvemento persoal.

O noso alumnado de infantil puido gozar dun contacontos ben divertido con A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Despois de escoitar a canción da toupiña e o conto, colorearon cadansúa toupa.

Os alumnos e alumnas de educación primaria ocupáronse de decorar a súa biblioteca. Cada curso escolleu unha temática, así temos contos tradicionais, literatura, artes, ciencias, matemáticas e xeografía a través da mirada dos rapaces e rapazas.

O alumnado da ESO encargouse de reflexionar e deseñar un slogan motivador para que todos usemos a biblioteca. En canto teñamos escollidos os favoritos compartirémolos con vós.

Durante esta semana haberá algunha novidade máis, como a entrega dos novos carnés de usuarios e do pasaporte lector, co que poderán viaxar coa imaxinación. Compartiremos máis imaxes con vós para que comprobedes como este espazo de lecer é cada vez máis empregado polo alumnado.

Comments are closed