E xa estamos regueifando

Parte do noso alumnado da ESO tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da improvisación oral en verso da man dos grandes regueifeiros Luís O’Caruncho e Pinto de Herbón.

Comezaron rompendo o xeo cos rapaces e rapazas, explicándolles como fixándose nalgún detalle que os rodea  xa poden deixar medrar as palabras. E así o fixeron para deleite de todos os asistentes:

A seguir, explicáronnos a orixe das regueifas e a súa presenza en distintos lugares do mundo.

E así, pouco a pouco, puideron gozar desta aprendizaxe e tamén o noso alumnado, de xeito colaborativo, creou algunhas coplas que cantaron entre todos.

Para rematar, seguindo as súas indicacións, todos demostraron o regueifeiro que levan dentro. Nesta primeira sesión, empregaron o papel… aínda que na seguinte xa será completamente improvisado.

Foi todo un éxito este obradoiro, no que non faltaron risas e ata bailes!

Comments are closed