Esta semana, do 24 ao 27 de outubro, dá comezo unha nova andaina para a nosa biblioteca escolar. Quixemos celebralo co noso alumnado (de infantil, primaria e secundaria) repartindo os novos carnés e o pasaporte lector.
A coordinadora da biblioteca explicou aos alumnos e ás alumnas como ían funcionar o carné e o pasaporte.
E a continuación repartímolos. O noso alumnado recibiunos moi emocionado. Seguro que mañá xa temos cola para coller libros prestados e gozar deles nesta fin de semana.