Entroido 2021 en Primaria

Este ano, como xa é costume, tivemos que adaptar a  celebración do Entroido ás restricións polo COVID-19 pero esforzámonos para que o noso alumnado pasase unha xornada divertida e diferente. Por suposto, negámonos a que esta situación rompese a nosa tradición de elaborar o noso disfrace no cole e sorprender ás familias á saída do último día da semana de Entroido.

Este ano, o tema escollido foi a  interculturalidade. Xa que esta pandemia aféctanos a todos, quixemos achegar aos nenos e nenas culturas que non adoitan ser traballadas noutros ámbitos. As actividades deste ano non só consistían en elaborar o disfrace, senón tamén en aprender sobre outras culturas e tradicións; sen esquecer por suposto o noso  Entroido  galego.

Ademais, non todo ían ser desvantaxes. Este ano tedes entrada de primeira fila para gozar das danzas do mundo traballadas na materia de música.

Aquí tedes as vosas “entradas”

Actuación de 1º de Ed. Primaria

Actuación de 2º de Ed. Primaria

Actuación de 3º de Ed. Primaria

Actuación de 4º de Ed. Primaria

Actuación de 5º de Ed. Primaria

Actuación de 6º de Ed. Primaria

Deixámosvos aquí  un par de vídeos e unha mostra das actividades realizadas; onde podedes atopar un pouquiño máis do que se fixo durante estas semanas.

Seguindo as ordes do Meco

Entroido en Primaria 2021

O alumnado de 1º de Ed. Primaria co seu disfrace hawaiano

Alumnado de 2º de Ed. Primaria cos seus disfraces de Hawái

Alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, respectivamente, lucindo o seu disfrace xaponés

Alumnos e alumna de 5º de Ed. Primaria ca súa disfrace hindú

Alumnado de 6º de Ed. Primaria amosando o seu disfrace baseado na cultura hindú

Detalles dos adornos do pelo de inspiración xaponesa elaborados na aula de 4º de Ed. Primaria

Alumnado de 2º de Ed. Primaria elaborando os seus colgantes tiki inspirados na cultura hawaiana

Abanico elaborado como complemento para o disfrace na materia de inglés.

Cometa Koinibori, tradicional no Día do neno en Xapón, elaborada comom complemento para o disfrace de 3º de Ed. Primaria na materia de inglés.

Alumnado de 1º de Ed. Primaira cunha máscara elaborada na materia de plástica.

Alumnado de 2º de Ed. Primaria elaborando as máscaras na materia de plástica e resultado da actividade.

Alumnado de 2º de Ed. Primaria traballando o Entroido Galego e a figura dos Peliqueiros

Agardamos que vos gustara e que o noso alumnado desfrutase destas actividades e desexamos poder facer festa rachada, coma de costume, polo Entroido do 2022.

Comments are closed