Eu leo porque…

A última actividade que programamos para esta semana de inauguración da nosa biblioteca foi a de completar o enunciado: «Eu leo porque…». Así, pasaron pola biblioteca os alumnos e as alumnas de primaria e secundaria e completaron o mural.

eu leo porque

A maioría das propostas están relacionadas coa imaxinación; e iso é o que máis nos gustou, queremos un alumnado imaxinativo e creativo.

E, por suposto, estades convidados a pasar polo corredor do colexio e ver o mural.

Comments are closed