Excursión Fin de Curso Primaria 2022

Xa era hora. Xa era hora de que o noso alumnado puidese gozar unha das súas excursións preferidas. Xa era hora de visitar de novo o Lago Castiñeiras que nos estaba esperando desde tempos pre-pandemia. E o mellor é que o atoparon renovado cun parque estupendo con tiroliña e outros elementos. Nin que dicir ten, que o pasaron en grande e que a tiroliña, ao marchar, quedaba ben probada.
Xogos tradicionais, xeados, camiñatas, patos… e sobre todo amigos e amigas cos que gozar dunha mañá de convivencia como facía moito que non podían e necesitaban como auga de maio.
Deixámosvos aquí  un vídeo e algunhas fotos que ilustran o ben que o pasaron.

Nos próximos días, iremos publicando cousiñas que durante o curso, dada a marcha e o ritmo das clases, non nos foi posible publicar no seu momento. Permanecede atentos, así faremos a espera da volta ao cole un pouquiño máis curta.
Gozade do verán!

Ligazón ao vídeo da excursión

Comments are closed