Faro da Escola 2019-2020

O pasado 18 de xuño, tivo lugar, nos xardíns do Pazo Quiñones de León, o acto de entrega do xornal elaborado polos centros participantes no proxecto. Aínda que mantivemos a distancia de seguridade entre mestres, alumnos e autoridades, sentímonos todos un pouco máis preto. Celebramos xuntos o resultado destes meses de traballo na distancia, cun xornal único que sen dúbida, lembraremos no futuro. Escoitamos as palabras dunha mestra sobre a situación vivida durante a pandemia e o esforzo e traballo tanto das familias e alumnos, como dos mestres. Foi un acto moi emotivo.
Acompañounos Raúl, alumno de sexto, o noso científico máis famoso do cole.
Aquí tendes un pequeno recordo do acto.

Comments are closed