Graduación de Primaria 2022

Un ano máis, a mediados de xuño, despedimos a unha nova promoción de Primaria. Ao terminar esta etapa, os alumnos e alumnas de 6º desta etapa celebran en compañía das súas familias e profesorado o seu tan esperada graduación. Sempre é unha tarde moi especial para todos, chea de recordos e emocións. E este ano sorprendéronnos eles a nós con algún que outro secretito que se trouxeron entre mans.

O máis importante, celebrar os anos vivídos xuntos e afrontar unha nova etapa con nervios, emoción e a compañía dos seus amigos.

Os profes de Primaria quedamos aquí, é o final do noso percorrido ao seu lado; pero saben que sempre nos terán preto, para axudarlles e animarlles cando o necesiten.

Parabéns! Agora a por a ESO!
Deixámosvos aquí un pequeno vídeo-resumen desa tarde.
Vídeo da Graduación 2022

Comments are closed