Graduación ESO

Comezaron, algúns, deambulando desconfiados polos corredores cando a crise de 2008, lembrades?, pero a eles non lles importaba ese palabro nin falta que facía. E aí os tedes, despedíndose xa de nós.

Despois chegaron outros que encheron o noso pequeno mundo con historias de Bolivia, da República Dominicana, de Brasil, de Colombia, de Marrocos e de aquí tamén. E nós, que lles agradecemos de corazón que nos axudasen a eliminar as miopías dos patrioterismos e nacionalismos.

E agora é tempo de partir e de tomar o pulso da nova vida. Como no poema de Walt Whitman: “Durante largo tiempo has braceado tímidamente, teniendo próxima una tabla, en el arroyo; ahora yo quiero que seas un nadador intrépido, que te zambullas en plena mar, te alejes, me hagas señas y, riendo, avances contra la corriente.”

Que a vida lles sexa leve a estes mozos e mozas.

 

Comments are closed