Magosto 2022 (Ed. Primaria)

E por fin!! Despois de moito tempo… marchamos a celebrar o Magosto!! O pasado día 10 de novembro todo o cole subímonos aos buses rumbo ao monte Vixiador a celebrar por fin xuntos o Magosto. Asegúrovos que ganas non lles faltaban como podedes ver no vídeo que vos podedes atopar na seguinte ligazón. Tamén atoparedes as carreiras de sacos e moitas cousas máis!

Magosto 2022 (Ed. Primaria)

Foi unha mañá divertidísima, alegre e amena na que o máis importante era vivir experiencias novas xunto aos nosos compañeiros de clase, recuperar unha tradición tan galega como a para comer as castañas asadas ou os xogos tradicionais, desenvolver a nosa curiosidade polo medio que nos rodea e por coñecer como respectalo e coidalo. Por exemplo a gran variedade de cogomelos que atopamos, incluso unha introducida desde Australia na forraxe de alimentar ao gando, como descubrimos ao día seguinte en clase ao investigala; os dedos do diaño chámanlle, porque a verdade é que o parece!

En definitiva, unha mañá na que os xogos, as amizades e os recordos son o noso principal obxectivo. E por suposto, comer castañas!! Castañas que non falten!! Que gusto chegar ao monte en bus e que o noso castañeiro recibísenos coas castañas quentiñas listas para comer!
Agora quédanos a peor parte, esperar outro ano máis para repetir! Pero aínda nos esperan outras conmemoracións este curso que xa vos iremos contando.

Deixámosvos aquí unha mostra da maña.

Alumnado de 5º E.P á chegada ao monte

1º, 2º, 3º e 6º de E.P

Exemplos de cogumelos atopados… Sabedes cal é a australiana?

Alumnado de varios cursos nas carreiras de ovos

Alumando de varios cursos nas carreiras de sacos

Alumnado de 1º e 2º arranxando un refuxio que atopamos derrumbado.

5º de E.P

Alumnado de 3º, 4º e 6º de E.P

Comments are closed