O Entroido infantil

A celebración do Entroido na etapa de Educación Infantil estivo marcada polas indicacións do Meco, que seguimos durante toda a semana, e que nos foron transformando pouco a pouco, para o venres saír disfrazados duns preciosos pallasos.

O último día da semana fixemos unha gran festa, con obradoiros de elaboración de flores de pallaso, máscaras e unha sesión de cine.

Pese as restriccións, o noso alumnado máis cativo gozou dunha semana especial chea de cor, ledicia, diversión e novas aprendizaxes.

Amosamos as fotos da nosa festa.

Comments are closed