O Quiñones de León co cine inclusivo

O pasado día 18 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foro nao Auditorio do Concello para desfrutar da proxeción do filme  “Valentina”, unha fermosa película protagonizada por unha nena con Síndrome de Down. Conta a historia de cómo a nena persegue o seu soño de ser trapecista mentras descubre o paradeiro da súa avoa.

Este filme foi gañador dun Premio Goya neste ano 2022 á mellor película de animación. Dirixida por Chelo Loureiro, coa cal tivemos a sorte de compartir un pequeno coloquio ao remate da proxeción. Chelo respondeunos a preguntas moi interesantes sobre a película, a dirección, a animación e a produción da mesma. Os cativos e cativas quedaron encantados de poder contar con esta oportunidade!

Comments are closed