Decidindo o futuro en 4º ESO

Aquí tedes ao noso alumnado de 4º de ESO na 8ª Feria de enseñanzas artísticas y profesionales de Vigo, no museo Verbum, onde lles amosaron profesións que talvez non son moi coñecidas pero nas que quizais está agochada a súa vocación.

Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste. É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar. Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.