Paz 2023 (Ed. Primaria)

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar de Paz. Este ano, decidimos facer algo diferente. Centrámonos en traballar naquelas habilidades e actitudes que son útiles no día a día do noso alumnado para que non vexa a Paz só como un ideal moi afastado a conseguir senón como unha estado de boa relación e estado de ánimo no seu día a día.
En definitiva, centrámonos en traballar na aula un concepto de paz máis relacionado ao de compañeirismo, traballo en común, traballo en equipo, a empatía, a discriminación das fortalezas e debilidades persoais de cada un…
Por este motivo as actividades estiveron moi dirixidas a traballar na aula co grupo clase.
Si levamos a cabo unha actividade en común coa etapa de Ed. Infantil, como foi a elaboración dun mural, que aínda podedes ver na entrada, para que visen que traballando en equipo unha pequena acción por parte de cada persoa pode converterse en algo moito maior máis facilmente. Neste sentido, cada neno/a coloreó un “azulexo” para logo formar a palabra Paz moito máis grande e decorar así a entrada do centro.


No primeiro ciclo de Ed. Primaria, quixemos que experimentasen unha mañá de convivencia na que alumnos das dúas clases (1º e 2º de E.P) traballasen, merendasen e xogasen xuntos. A experiencia foi moi gratificante para eles, tanto para a clase anfitrioa como para a clase convidada e sorprendente para o profesorado, que confirmou que moitas veces hai que limitarse a ser o facilitador de experiencias e relegarse a un segundo plano para deixar que sexan eles mesmos os que logren os seus obxectivos por si sós. A experiencia resultou en grao sumo positivo. Nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria, en todo momento, compartiron experiencias, traballo, xogos, e mesmo merendas mentres os profes facían como que non se decataban… e é que a merenda allea sempre é máis rica que a propia. Tamén neste ciclo traballamos o conto de “Una mamá para Owen”; unha historia sobre un feito real no que dous animais inesperados se axudaron a superar un momento difícil. Se queredes saber un pouco máis sobre esta historia, podedes consultar o noso blogue “Somos primaria”

.https://somosprimariaquinones.blogspot.com/

Imaxes da xornada de convivencia das aulas de 1º e 2º de Ed. Primaria.

Debuxos de 2º de E.P. sobre o conto traballado.

Deixámosvos aquí doutras actividades levadas a cabo nesta xornada do Día Escolar da Paz na etapa de Ed. Primaria.

Alumnado de 1º de Ed. Primaria cos seus banderíns para o corredor

Alumnado de 4º de Primaria amosando parte dos banderíns que se colgarán para decorar o corredor da primeira planta

Alumnado de 3º de Primaria cas súas pombas da Paz que adornan a súa aula

Alumnado de 4º de Primaria amosando o resultado do seu obradoiro de poesía cooperativo.

Alumnado de 6º de Ed. Primaria nun momento de relaxación, punto de vista dende se abordou a Paz nesa aula.

Alumnado de 2º de Ed. Primaira amosando unha manualidade co lema “Que la paz sea una realidad y no tan solo un deseo”

Alumnado de 5º de Ed. Primaira amosando o seu mural para a paz e as bandeiras que agochan a súa mensaxe.

Comments are closed