Premios da VII Edición do Faro da escola

A principio de curso, un ano máis, o noso alumnado comezaba ilusionado a traballar na VII Edición do Faro da Escola como xa é tradición no noso centro. Coma sempre, toda Primaria e infantil colaboraron neste proxecto o cal deu os seus froitos este pasado martes. Ilusionado o noso alumnado recollía os galardóns de 3º mellor xornal e 3ª mellor portada. Pero os mellores premios xa os recolleran moito antes: todas aquelas experiencias e aqueles aprendizaxes vitais e competencias traballadas ao redor deste gran proxecto. E, por suposto, o ano próximo ano, volveremos a recorrer este camiño, gañando sempre en experiencias e tentando conseguir un novo galardón.

Parabéns a todos e a todas! Sodes uns campións e unhas campioas!

O noso alumnado recollendo o premio e pousando con el nas gradas

Neste enlace podedes ver a retransmisión en directo da entrega de premios. Atoparedes o noso momento no punto 1:29 e no 2:02.

Comments are closed