Recibimos á Policía para falar de Educación Vial

Alumnado de 6º de E.P durante a actividade.

O pasado martes día de 10 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a visita da Policía Local de Vigo. Tratouse de Pilar e Pablo, dous membros da Policía especializados na Educación Vial. Viñeron a darnos unha charla sobre a xestión emocional relacionada coa Educación Vial e como os nosos sentimentos poden influir positiva ou negativamente.

Despois da charla, realizaron un obradoiro cos nenos e nenas nos que traballaron por grupos. Así, cada grupo aprendeu a identificar e ordenar as emocións nunha escala de intensidade. Logo, explicáronlles o que era unha “árbore de decisións”  e como dependendo da emoción que sintamos, pode influir na toma de decisións ante unha situación, por exemplo, á hora de cruzar unha estrada.

O alumnado de 5º de Educación Primaria quixeron sacarse unha foto con Pilar.

Alumnado de 5º traballando en grupo durante a xornada.

Agradecemos a Pilar e a Pablo a súa labor, xa que os nenos e nenas traballaron habilidades que poderán aplicar en moitos máis ámbitos da súa vida e, ademais, o pasaron moi ben.

Comments are closed