Regueifando en primaria

O alumnado de 5.º e 6.º de primaria recibiu a visita dos regueifeiros Pinto e Caruncho.

Ensináronlle ao noso alumnado a orixe das regueifas, a súa presenza ao longo do planeta e como se compoñen estas coplas, acompañados do son da zanfona.

Despois déronlles algunhas directrices para que puidesen atreverse a facer as súas primeiras coplas e… aquí hai futuro!!

Cantaron todos xuntos e despois tamén se atreveron a facelo de xeito individual.

Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Comments are closed