Roteiro literario: Os fillos do lume

No Departamento de Lingua Galega e Literatura propuxemos este ano a lectura de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.

O alumnado de 4.º da ESO gozou lendo esta obra e serviunos para descubrir que descoñecían Vigo, a cidade onde viven! Así que decidimos poñerlle remedio. Xunto co Departamento de Xeografía e Historia creamos un itinerario co que puidemos coñecer, aprender e gozar da obra e da cidade.

O pasado 7 de xuño saímos a percorrer a cidade e a atoparnos cos diferentes espazos nos que transcorre a acción: a Porta do Sol, o Sireno, as portas da muralla, o edificio Simeón, a praza da Princesa…

Vigo é un paraíso, só hai que achegarse.

 

Comments are closed